Ricardo González Fábregas

Da abstracción do desenvolvemento de software á realidade técnica dos eventos en vivo.

Sobre a miña persoa

Entendo a miña traxectoria non como unha dualidade inconexa, senón como a busca constante dun equilibrio entre a precisión da lóxica e a emoción do directo.

A orixe do movemento

Nacín o 2 de xaneiro de 2009 en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Estudei a ESO en Salesianos Cambados “Á Mercé” e curso actualmente bacharelato no IES O Carril. A miña historia comeza desde pequeno coa necesidade de entender o “porqué” de cada engrenaxe.

O espertar da inquietude

A miña carreira empezou cun reto persoal aos 8 anos. Mentres outros xogaban, eu descubría Scratch da man da miña nai. O que empezou como un xogo con aquel famoso gatiño, pronto se converteu nunha necesidade de crear ferramentas reais.

Xeometría de código

Especialiceime no desenvolvemento de Progressive Web Apps (PWA). O meu proxecto máis persoal é Socii, unha plataforma deseñada para dixitalizar a xestión de asociacións. Constrúo solucións robustas baixo o stack PHP, JavaScript e MongoDB, buscando que a tecnoloxía sexa unha axuda invisible, pero potente

O arsenal lóxico

Domino o desenvolvemento con PHP para contornas backend, vanilla JavaScript en frontend e MongoDB para bases de datos. Todo isto baixo a seguridade de contornas Linux e servidores Apache2, onde cada liña de código ten o propósito de ser escalable, invisible e profundamente funcional.

A arquitectura do evento

O meu camiño na produción levoume a desempeñar roles críticos como técnico de son, iluminador e director técnico en concertos, festivais e teatro. Traballando con institucións como DND Productions ou SOLIFEST. Entendo o escenario como un sistema onde o son, a luz e a estrutura deben ser un artista máis.

Dominio da materia

Domino a enxeñaría de son, o deseño de iluminación e a loxística de montaxes complexas. Traballo con mesas de son Yamaha, Soundcraft ou Midas, así como con sistemas de iluminación Chamsys. Manexo tamén ferramentas como Smaart, EASE Focus ou Qlab.

O arte de non quedar quieto

Entendo a tecnoloxía non como un fin, senón como unha ferramenta para solucionar problemas reais.

Socii

Plataforma deseñada para simplificar a xestión administrativa de asociacións, comunidades e entidades sen ánimo de lucro. O proxecto nace da necesidade de dixitalizar procesos tradicionais, ofrecendo ferramentas de xestión de socios, cobros e actividades nunha interface intuitiva e eficiente.

Páxina web

Festival SOLIFEST

Festival solidario de referencia en Vilagarcía de Arousa a beneficio de Amencer-ASPACE. É un evento que combina cultura, música en directo, gastronomía e compromiso veciñal, transformando un espazo público nun punto de encontro para miles de persoas.

Páxina web

Assecla

A través dunha interface áxil baseada en códigos QR, o servizo permite que o público dun evento se converta en cronista do espectáculo, proxectando os seus selfies de forma instantánea nas pantallas principais. Non se trata só dun visor de imaxes, senón dunha ferramenta de interacción masiva que elimina a distancia entre o escenario e a pista.

Páxina web